Existen numerosas teorías da comunicación que se agrupan nunha serie de grupos de estudio das cales vou facer un enlace a un resumen que dende o meu parecer está realmente ben.
Moitas grazas a Iria polo su traballo, a Sandra ou a Mabel , porque delas voume servir, e tamen a tantos outros que si fixeron o traballo, pero do que mirei, estes eran os mellores.
E isto o fago porque non volvo a gastar (que non malgastar, ollo) en traballar outra vez nas teorías da comunicación, xusto cando acabo de rematar unha asignatura así denominada e aprobada, algo saberei.
Xa traballei demasiado para poder pensar por mín e dicir o que eu realmente creo que é a comunicación e non o que unhas persoas (xenios, pode ser, pero igual de válidos que a miña persoa) diciron fai tantos que case se quedan obsoletas.
Precisamente agora estou a facer un curso sobre habilidades comunicativas e está facendo que me reafirme máis na miña posición: a comunicación non son teorías, é práctica. De qué me sirve volver a traballar coas distintas vertentes do estudio da comunicación se realmente non me dou comunicado cos que me rodean? De que me sirven as teorías cibernéticas se ninguén logra entenderme cando intento contar o que me sucedeu onte á noite?
A comunicación basease, e a partir de agora sempre vou falar dende o meu punto de vista, na interacción entre as persoas, ten que existir unha persoa que emita unha información e outra que a reciba e a comprenda. De nada serviría escribir todas as teorías da comunicación nun idioma que só eu comprendese, xa que non comunicaría nada, e falar das teorías da comunicación cando esta non existe creo que un “colmo dos colmos”.
Na comunicación existen uns axentes, úsanse uns códigos; todos eles complexos e dignos de análise e estudio, demasiado amplo, polo que vos remito a un libro, "Teoría de la comunicación: Una propuesta",de Martín Algarra, quen me ía dicir a min que me acabaría gustando ese libro e que incluso construiría as bases do que penso sobre a comunicación? O básico da comunicación é a expresión e a interpretación, son as acción básicas, sen elas a comunicación non existe, non se da, e se retroalimentan unhas de outras, necesítanse unha da outra, a pode haber expresión sen interpretación, pero non interpretación se non hai nada previamente expresado. Estas dúas acción son irmás siamesas, non se poden separar, xa que se se separa, a comunicación morre.
Por iso dende aquí animo a todo aquel@ que me lea que deixe os apuntes sobre as innumerables (e infumables) teorías da comunicación e se comunique realmente coa persoa que ten ao lado, e que analice realmente gracias a qué fai posible esa comunicación.

Ás veces cando nos poñemos a estudiar como tolos nos esquecemos do que é o básico, e as veces o básico fainos pasar unha ronda.